Centro Social Cultural y Deportivo de Bolos Valle Miñor

Dende fai mais de 150 anos, moitos habitantes da Bisbarra do Val Miñor decidiron establecerse en Montevideo.

En 1947, algúns deles, os seus fillos ou netos, e para recibir aos recén chegados, formaron un grupo para a práctica de birlos celtas e continuar a súa vida social entre familiares e veciños coñecidos das súas Parroquias.

Actualmente no ano 2012, os seus descendentes acompañan os dirixentes que aínda manteñen vínculos directos con familias ou gobernantes nos Concellos de Nigran, Gondomar e Baiona.

Con esforzo, achegas persoais e axudas que poidan provir do goberno de Galicia, este centro funciona nas súas instalacións para 500 socios, na súa gran maioría novos practicando deportes competitivos como os Birlos Celtas, Futbol Sala e Karate.

A actividade cultural é a dos grupos de danza, canto e música tradicionais nas que se utilizan con mestría, os instrumentos típicos da nosa rexión.