A máis importante xusta deportiva do antigo deporte dos birlos celta realizouse novamente en Sudamérica, coa participación da Federación Galega de Birlos, Federación Asturiana de Birlos, Asociación Arxentina de Birlos e o noso Centro Val Miñor de Uruguai. Entre os días 31 de marzo e 1 de abril se disputo a primeira fase do torneo na cidade de Bos Aires Arxentina.
A etapa de clausura se realizo en Montevideo os días 5,6,7 e 8 de abril na cancha da nosa Institución logrando o equipo do Val Miñor os mellores resultados.
Os resultados foron os seguintes: en Clasificación Individual, primeiro Heber Sena de Uruguai con 18 puntos; segundo Luis Sequeira de Uruguai con 14 puntos, e terceiro, José Rodríguez de España con 13 puntos.
En Parellas os primeiros foron Heber Sena e Carlos Canejo de Uruguai, con 25 puntos; segundos Luis Sequeira e Anxo Paz de Montevideo, con 20 puntos, e terceiros Sergio Silva e José Rodríguez de España, con 14 puntos.La clasificación por seleccións foi, primeiro Uruguai, integrado por Anxo Paz, Luis Sequeira, Carlos Arnejo e Heber Sena con 11 puntos e 3.505 birlos. Igualados en puntos pero con 5 birlos menos quedou en segundo lugar a selección Arxentina integrada por Sergio Ríos, Francisco Álvarez, Daniel Álvarez e Marcial Cadeas.
Pecháronse as competencias cun xantar de confraternidade e entrega de premios.
TORNEO INTERDEPARTAMENTAL DE KARATE
Sabado 28 e Domingo 29
Como xa trátase dunha actividade habitual e moi importante en Val Miñor que dirixe o Instrutor 2Dan. Juan Valverde, se levo a cabo este significativo torneo que congrego no noso ximnasio aos mellores deportistas desta disciplina.