Ao celebrarse o 519 aniversario do arribo da carabela Pinta ao porto de Baiona anunciando a existencia de novas terras alén do océano, o Centro Valle Miñor organizou un acto alusivo conmemorando o transcendente fito que cambiaría o rumbo da historia.
Cun bo marco de público na súa maioría asociados, o acto foi inaugurado polo presidente da institución Carlos Barcia Lorenzo que destacou a importancia da celebración, seguido dunha amena disertación do Sr. Néstor Samurio Espinoza relatando la descrición da vida e personaxes na época dunha nova Raíña Isabel de Castela xerarquizando a nosa rexión para o resto de Europa.
Presentáronse a continuación os numerosos grupos artísticos do centro, comezando a Agrupación Coral Val Miñor, seguido pola Escola de Flamenco Arsa e Toma, Airiños do Val, Escola de Danzas Galegas e a Banda de Gaitas Irmandade.
Todo finalizou cun brinde celebrando o Día do Asociado instaurado simultáneamente co Día da Arribada.